Culleredo propón as comisións de festas unificar o fío musical para reducir o ruido

O Concello de Culleredo impulsará para o ano que vén unha medida innovadora para minimizar o ruído excesivo nas festas. O goberno local aposta por unificar o fío musical dos postos e así garantir que se cumpre o volume e o horario que marca a normativa da Xunta de Galicia.
 
O primeiro tenente de alcalde, José Ramón Rioboo, xa trasladou a idea a varias delas comisións de festas, organizadoras dos festexos no municipio, que a ven con bos ollos. A iniciativa xurdiu por mor das reunións de avaliación das festas de Vilaboa e de planificación das do Burgo.
 
O control do fío musical, baixo esta proposta do Concello, estaría a cargo da comisión de festas e do propio Concello. Os postos só disporían do seu megafonía para realizar os anuncios pertinentes. "Trátase de conxugar as festas, fundamentais en Culleredo, con evitar na medida do posible as molestias", apunta Rioboo.
 
Para este ano, as forzas de seguridade seguen un control estrito do cumprimento da norma autonómica. Para o caso das festas do Burgo, xa se avisou aos feirantes que a partir das 1.00 horas deben reducir o volume xerado e que a hora de conclusión, segundo a norma autonómica, será ás 3.30 os días de semana e ás 4.00 horas os fins de semana e véspera de festivos.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina