O Concello apoiará ás entidades sociais para que opten a fondos europeos

Os fondos europeos Leader non se cinguen ao ámbito empresarial e á administración, tamén poden beneficiar a entidades sen ánimo de lucro. Con esta premisa, o Concello de Culleredo e o GDR Mariñas - Betanzos reuniron a representantes de asociacións sociais para darlles a coñecer as posibilidades que teñen para optar a esta convocatoria.
 
O primeiro tenente de alcalde, José Ramón Rioboo, acompañado do xerente do GDR, Jorge Blanco, e da edila de Benestar Social, Lupe Pombo, presidiu o encontro, celebrado no Burgo. Acudiron representantes de asociacións de diversas áreas de intervención.
 
O Concello ofrecerá asesoramento ás entidades sociais do municipio para que poidan presentar o seu proxecto. "As asociacións son clave para o noso tecido social complementando os servizos públicos e por iso contarán coa nosa axuda", avanzou Rioboo. O apoio poderá ser, apunta o primeiro tenente de alcalde, unha orientación técnica ou mesmo unha implicación loxística ou económica no propio proxecto por parte do Concello.
 
"Queremos favorecer o emprendimiento social, que é ademais outra vía de xeración de emprego", sinalou.  Rioboo animou ás entidades a estudar a súa concorrencia, tendo en conta que será unha oportunidade única para aproveitar os fondos de Europa.
 
Neste caso, a liña de axudas máis adecuada será a que prima a creación, mellora ou ampliación de todo tipo de servizos para a poboación rural. A convocatoria será xestionada polo GDR, que conta ademais cun equipo técnico a disposición da poboación para tratar de encaixar os proxectos de forma óptima.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

Envíanos tus dudas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina