O Concello busca a implicación da Xunta no centro municipal de atención á diversidade

O Concello de Culleredo busca a implicación da Xunta de Galicia no mantemento do centro ocupacional A Escada, dedicado á atención de persoas con diversidade funcional. Así o trasladou o primeiro tenente de alcalde, José Ramón Rioboo, ao conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, ao que lle ensinou as dependencias do centro municipal, situadas no Burgo.

Rioboo, xunto cos responsables técnicos da Escada, mostrou o traballo social que alí se realiza. O centro ocupacional está dedicado de forma primordial a potenciar a autonomía persoal e laboral dos usuarios, mediante a asunción de responsabilidades. Para iso o Concello dispuxo no centro de aulas para talleres, cociña e ximnasio.

O conselleiro mostrouse asombrado das condicións e o labor do centro. Alí Rioboo e Rei concretaron establecer un contacto entre o Concello e a Consellería para estudar a fórmula adecuada para a colaboración autonómica.

Rioboo destacou que só Culleredo e A Pobra de Caramiñal contan en Galicia cun centro desta clase de iniciativa municipal. Os restantes corresponden a titularidade privada ou de asociacións. Este"carácter único" da Escada necesita da implicación das administracións co Concello para contribuír a que siga ofrecendo un "servicio público de calidade" como este.

A Escada dispón de 20 prazas. No seu maior parte están cubertas por veciños de Culleredo pero tamén conta con usuarios de municipios limítrofes.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

Envíanos tus dudas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina