O sábado 21 de marzo con motivo do Día da Abella, a Asociación Galega de Apicultura, coa colaboración da Concellería de Promoción Económica, Formación e Emprego do Concello de Culleredo, organizan unha campaña informativa e de sensibilización sobre a Vespa velutina nigritorax, unha especie de abella invasora. A charla leva por título "Stop Velutina" e terá lugar na Aula de Natureza do Burgo de 10 a 14 horas.
O programa aglutinará a sesión informativa á primeira hora, acompañada da presentación de material audiovisual e unha mesa redonda cos afectados pola Velutina. Ás 12:30h celebrarase un concurso aberto a todos os interesados que consistirá na elaboración de trampas para capturar raíñas fundadoras ao que se poderá concorrer de forma individual ou en grupo. Haberá tres categorías:
Estes antófilos están a causar importantes estragos e problemas para a comunidade de apicultores galegos, así como á de madeireiros, fruticultores e ao medio ambiente en xeral. É por iso que esta xornada abordará todo o necesario para aprender sobre a vida e comportamento deste insecto así como o modo de proceder ante a presenza desta abella asiática, considerada como moi daniña polo seu gran impacto ambiental.
Ás 13:30 horas celebrarase a entrega de premios. Esta xornada é gratuíta e está aberta ao público.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER