Os Encontros Folclóricos Ancoradoira chegan o sábado ao Burgo con música popular, humor e gastronomía

O paseo marítimo do Burgo prepárase para acoller o sábado un dos eventos culturais máis arraigados en Culleredo. Trátase dos Encontros Folclóricos Ancoradoira, que alcanzan este ano a súa XXIV edición.

Terán lugar o sábado, 19 de xullo, desde as 19.30 horas. Organizados pola Agrupación Folclórica Ancoradoira, coa colaboración do Concello de Culleredo, espérase unha gran afluencia de público, como ocorrera o ano pasado cuns 400 asistentes.

O festival ten a vocación de ser un encontro popular na comarca. Comezará coa actuación das agrupacións convidadas este ano, sempre vinculadas por estar enmarcadas no ámbito do folclore:

  • Escolas Queiroa, de Sada
  • Coros e danzas Sherezade, de Toledo
  • Agrupación Folclórica Ancoradoira, de Culleredo

O festival tamén garda un espazo para os máis pequenos. Demostrarán os seus dotes folclóricos na segunda edición do Festival Infantil. Haberá artistas desde os 3 ata os 12 anos de idade.

De noite, ás 22.00 horas, chegará a quenda do humor, co monólogo de Pedro Brandariz. Seguidamente chegará o espectáculo musical de Faltriqueira.

Non faltará a gastronomía nos Encontros. Unha churrascada popular servirá para a confraternización dos asistentes.

A concelleira de Cultura, Alicia Ferreiro, anima a asistir ao festival, un "referente" no folclore popular. Destaca a calidade das actuacións que se poderán escoitar, nun espazo idóneo para acudir en familia.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina