O Concello pide á Xunta que aumente as horas de atención aos dependentes

O Concello de Culleredo defende unha mellor atención ás persoas con dependencia. Actualmente é o municipio da comarca que dispón dun menor número de horas concedidas por parte da Xunta de Galicia.

Culleredo tiña, desde 2010, 898 horas ao mes outorgadas, que subiron o pasado 6 de maio a 1.068 horas. Isto provoca que haxa moitos usuarios que non poden acceder ao servizo de atención á dependencia.

A cifra de usuarios en lista de espera non se pode coñecer con exactitude, posto que se estima que Dependencia só sobe á aplicación informática que xestiona o servizo ao 20% dos demandantes de praza.

Para paliar esta falta de altas e dar servizo a estes veciños dependentes, o Concello de Culleredo inclúeos no servizo de axuda no fogar por libre concorrencia. É un servizo que asumen os Concellos teoricamente para casos que non chegan aos niveis de dependencia pero que tamén necesitan unha atención.

Ao non admitir a Xunta a máis dependentes, estes non reciben o servizo que teoricamente lles corresponde e o Concello aumenta a lista de libre concorrencia, asumindo un gasto moito maior do que lle correspondería.

En total, o orzamento anual para o servizo de axuda no fogar por dependencia en Culleredo é de 163.620,72 euros. Desagrégase da seguinte forma: 110.023,03 euros proceden da Xunta, 35.087,27 euros do Concello, e 18.510,42 euros do copago.

En canto ao servizo de axuda no fogar por libre concorrencia, o orzamento anual é de 376.863,49 euros. Desagrégase en: 293.822,79 euros procedentes do Concello, 35.924,92 da Xunta, e 47.115,78 euros do copago.

Pola tanto, o Concello de Culleredo, para atención a dependencia está a investir da orde de 328.000 euros, cifra moi superior aos 145.000 euros que destina a Xunta a través do Plan Concertado.

Ante esta situación, o alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, e a concelleira de Benestar Social, Lupe Pombo, reuníronse coa secretaria xeral de Política Social, Coro Piñeiro, para pedir o incremento das horas de atención aos dependentes. O rexedor considera a petición "xusta" para equipararse ao resto de municipios e proporcionar aos dependentes de Culleredo en lista de espera o servizo que lles corresponde.

A secretaria xeral comprometeuse a estudar posibilidades para ampliar as horas, coas limitacións orzamentarias que ten. Así mesmo, o goberno local pediu unha corrección no importe que recibe por libre concorrencia. Os mencionados 35.924,92 euros deberían ser 52.080 euros, por cociente de poboación, é dicir, que o Concello está a percibir neste concepto 17.000 euros menos da Xunta do que lle corresponde.

O Concello entende que os programas de axuda no fogar "deben ser prioritarios" para a administración. Por iso está a investir esta gran contía e por iso asegura así a atención para todos os que o necesitan a pesar da negativa que reciben da Xunta.

Ademais, a lista de libre concorrencia vese incrementada porque a Xunta non concede centros de día con respiro. É dicir, hai usuarios no centro de día do Burgo que necesitan unha atención no seu domicilio para acudir ata alí. Esa atención non vai incluída na súa praza do centro, senón que son incluídos en libre concorrencia.

O Concello confía en que a Xunta sexa sensible á situación do servizo en Culleredo e atope a fórmula para ampliar notablemente a atención.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

Envíanos tus dudas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina