O Concello celebras as Letras Galegas con feira de artesanía, verbena galega e actividades infantís

O Concello de Culleredo conmemorará a festividade das Letras Galegas cun amplo programa de actos, dirixido para veciños de todas as idades. A xornada principal será o propio sábado 17, cun conxunto de actos no Burgo que xuntarán previsiblemente por centos de veciños do municipio e arredores.

A praza de Europa será o escenario da Feira de Artesanía, que desde as 12.00 ata as 20.00 horas reunirá a unha trintena de artesáns procedentes de diferentes localidades. Nos distintos postos ofrecerán as súas creacións de diversas artes e modalidades.

A feira estará acompañada dun programa de actuacións para dinamizar a xornada. Ás 13.00 horas terá lugar un pasarrúas pola mesma praza de Europa, a cargo da "Magnifique Banda dos homes sen medo". Ás 18.00 horas, os pequenos poderán gozar do espectáculo de monicreques "Cantos contos contas".

Pola noite do sábado, ao concluír a feira, desenvolverase o segundo gran acto: a verbena galega. Será na praza de Galicia do Burgo, desde as 20.00 horas. Actuarán neste festival folk Malvela e Caxade.

Pero a Concellaría de Cultura non limitou o programa de actos ao sábado: ao longo desta semana xa se están desenvolvendo diferentes actividades infantís con motivo das Letras Galegas.

Mañá xoves continuará co obradoiro "Galegueando", pensado para nenos de máis de 8 anos, con necesaria inscrición previa. Será ás 18.30 horas na Biblioteca González Garcés do Burgo. E o venres, á mesma hora e tamén na biblioteca, desenvolverase unha sesión de contos en inglés, dirixida a público de 5 anos en diante. A obra representada será "The three little pigs".

A concelleira de Cultura, Alicia Ferreiro, destaca o programa dedicado o sábado "plenamente á cultura galega" como a "mellor forma" de celebrar esta festividade.

Vista previaAdjuntoTamaño
diptico_feira_artesania_2014.pdf521.18 KB
cartel_verbena_galega.pdf287.08 KB

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina