A Concellaría de Cultura de Culleredo organiza durante os meses de marzo e abril un curso de iniciación á grafoloxía. Trátase da segunda edición da iniciativa, dada o éxito cultivado na primeira, que tivo lugar en novembro.
Comezará a principios de marzo, e prolongarase durante 8 xornadas, os martes, a razón dunha hora e media de sesión diaria, de 18.00 a 19.30 horas.
A actuación desenvolverase na Biblioteca de Poesía "Uxío Novoneyra", sita no Pazo de Vila Melania de Vilaboa. Será impartido polo experto en grafoloxía Manuel Rajal.
O prezo do curso é de 65 euros. Os interesados deben dirixirse á Concellaría de Cultura, emprazada no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo, para formalizar a súa inscrición. O seu teléfono é 981 665597 e o seu correo electrónico, servizosmultiples@gmail.com.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER