O Concello abre a preinscrición nos cursos de galego preparatorios do Celga

O Concello de Culleredo, a través da Concellería de Cultura, ten previsto solicitar á Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, dous cursos preparatorios para as probas dos niveis de Celga 2 e Celga 4. Son necesarias un mínimo de 20 persoas para poder impartir o curso.

A Consellería de Cultura, en función da demanda de formación e dos recursos dispoñibles, planificará a programación dos cursos, onde constarán os niveis de formación que se van impartir, as datas e horarios de realización. Os destinatarios son persoas maiores de 16 anos ou que os fagan durante o ano 2014. O prazo para facer a preinscrición remata o día 20 de febreiro.
 
A realización dos cursos estará suxeita á concesión por parte da Xunta de Galicia.
 
Pode realizarse a preinscrición indicando o nivel do curso ao que desexa asistir a través de correo electrónico (servizosmultiples@gmail.com), o teléfono 981 665597 ou persoalmente no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo aportando os seguintes datos:
Nome e apelidos, D.N.I, teléfono de contacto e correo electrónico.
 
CURSO PREPARATORIO CELGA 2 E CELGA 4
DATA DE REALIZACIÓN: MESES DE ABRIL E MAIO
PRAZO MÁXIMO PARA A PREINSCRICIÓN: 20 DE FEBREIRO

 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina