Culleredo comeza esta semana os actos de homenaxe a Moncho Valcarce

O Concello de Culleredo comeza esta semana os actos de homenaxe a Moncho Valcarce, destacada personalidade no municipio polo seu papel veciñal e cultural. Esta homenaxe realízase conmemorando os 20 anos do seu falecemento (o 1 de febreiro cumpriranse exactamente 21).

A Concellaría de Cultura, en conxunto coa Irmandade Moncho Valcarce, preparou varias actuacións en recordo do que fora cura de Sésamo e Sueiro e concelleiro, en dúas lexislaturas, do Concello de Culleredo, ocupando, entre outros, o cargo de Presidente da Comisión de Cultura.

Os actos que se organizarán son os seguintes:

Exposición "Moncho Valcarce. Unha vida de compromiso con Galicia", cedida pola Irmandade Moncho Valcarce.

Estará instalada desde o venres 17 de xaneiro ao sábado 1 de febreiro na aula de Natureza do xardín botánico do Burgo. A inauguración terá lugar este venres ás 20.00 horas. No acto intervirán Julio Sacristán, alcalde de Culleredo, e Ramón Muñiz das Cuevas, da Irmandade Moncho Valcarce.

Contará cun recital poético no que participarán Miguel Anxo Fernán Vello, poeta e editor; Pilar Pallarés García, poeta; Olga Patiño, poeta e profesora; Xullo Lago, actor e director teatral; María Barcala, actriz.

Como punto final, haberá unha actuación musical con profesoras e alumnas do Conservatorio de Música de Culleredo, co seguinte programa:

  • Concertino, de Karl María von Weber, a cargo de Pilar Fernández Salgueiro, piano, e Clara Inés García, clarinete.
  • Lela para frauta travesera e piano, de Rosendo Mato, con Pilar Fernández Salgueiro, piano, e Paloma Catalá, frauta.

A exposición poderá visitarse de luns a sábado en horario de 18.00 a 21.00 horas, e os sábados pola mañá ademais de 11.00 a 13.30 horas.

Presentación do libro "Moncho Valcarce. Un símbolo para Galicia. Diarios inéditos e outros textos".

Terá lugar o mércores 29 de xaneiro na Sala de Vídeo do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo ás 20.00 horas.

Na presentación deste libro, publicado por Editorial Trifolium, procederase ademais á proxección dun documental sobre Moncho Valcarce. Contará cunha mesa redonda sobre Valcarce, moderada por Carlos Pereira, historiador do Concello de Culleredo, coa participación de:

  • Xácome Santos Gaioso, da Irmandade Moncho Valcarce.
  • Gumersindo Campaña Ferro, da Irmandade Moncho Valcarce.
  • Narciso Marzoa, concelleiro do Concello de Culleredo


Edición dun folleto conmemorativo e repartición dun cómic sobre Valcarce

A Concellaría de Cultura editou un folleto biográfico conmemorativo sobre Moncho Valcarce, no que se recolle algún texto inédito da súa autoría, para repartir nos diferentes actos. Este folleto tamén se difundirá en formato electrónico.

Enviaranse exemplares así mesmo aos diferentes centros de ensino do municipio e exemplares dun cómic sobre Moncho Valcarce, doado pola Irmandade, co obxecto de que poidan traballar co alumnado sobre esta figura tan importante na historia contemporánea de Culleredo e visitar tamén a exposición.


A concelleira de Cultura, Alicia Ferreiro, apunta que o Concello acordou coa Irmandade un amplo programa de homenaxe para lembrar e facer chegar á cidadanía unha figura "de renome" na historia de Culleredo. A edila anima aos veciños a acudir especialmente á exposición para coñecer a Moncho Valcarce e o seu importante traballo social.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina