O Concello organiza unha festa solidaria para apoiar o traballo das ONG

Culleredo prepárase para a súa xornada máis solidaria. O Concello e varias ONG organizan este sábado, 30 de novembro, a Festa Solidaria, un evento cargado de actividades para persoas de todas as idades coas miras postas en colaborar coas entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento do seu labor.

Por iso, o Concello, desde a súa área de Cooperación, preparou un amplo programa que permita congregar a decenas de persoas nesta Festa. Levarase a cabo no polideportivo do CEIP Sofía Casanova de Vilaboa, en horario de 12.00 a 20.00 horas.

As ONG que forman parte deste evento solidario desenvolven un traballo "moi necesario e dabondo recoñecido" en Culleredo, apunta a concelleira de Promoción Económica e Emprego, Marta Iglesias. Trátase de Cáritas, Mundo Cooperante, Mestura e Accem.

Para atraer visitantes que contribúan a esta Festa Solidaria, o goberno municipal propón a seguinte programación:

  • De forma permanente, as ONG contarán con exposicións para dar a coñecer o seu traballo. Os mercadillos solidarios, o mercado xusto e o bar solidario serán as iniciativas para contribuír a recadar fondos para o labor destas entidades.
  • Ás 12.00 horas iniciaranse os xogos e talleres. Os xogos populares e os xogos de paracaídas farán as delicias de pequenos e maiores. En canto a talleres, poderase participar en talleres de manualidades, de maquillaxe e globoflexia, de broches, ou de papiroflexia. Os nenos contarán con inchables.
  • Ás 13.00 horas toca a quenda do teatro, coa obra "O pallaso Lalo e a payasa Pasa". Ás 13.30 actuará o Trío Albatros.
  • Pola tarde, ás 17.00 horas, retomaranse os xogos populares e talleres. Ademais organizarase unha xincana familiar.
  • Ás 18.00 horas terán lugar exhibicións coreográficas do mundo, a cargo de Mesturas. Tamén se celebrará unha Master Class de Zumba.
  • Ás 20.00 horas producirase o sorteo da tómbola, outra iniciativa que ao longo da xornada posibilita a colaboración coas entidades sen ánimo de lucro. Os premios serán un xamón e un microondas.

Iglesias sinala que a principal finalidade da Festa Solidaria reside en crear un espazo con actividades atractivas para dar visibilidade ao traballo destas ONG, propiciando ademais que poidan recadar fondos para os seus programas.

O Concello anima aos veciños a achega ao polideportivo de Vilaboa nalgún momento da xornada para achegar un gran de area a estas entidades.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

Envíanos tus dudas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina