O Concello de Culleredo ofrece a través do Conservatorio Municipal de Música unha ampla formación musical que abarca moitas especialidades. Trátase dun completo programa de ensino regulado que reúne a máis de 200 alumnas nas súas aulas.
O Conservatorio acaba de abrir o prazo para inscribirse ás probas de acceso ao primeiro curso do grao elemental. En breve tamén lanzará o período de solicitude de prazas no resto de cursos, no grao profesional e tamén no nivel de iniciación.
Para animar ás familias a optar a algunha das vacantes e decidir cal das numerosas especialidades é a elixida, o Conservatorio celebra hoxe, mércores 5, e mañá xoves 6 de xuño, as súas primeiras xornadas de portas abertas. Quen se achegue á dependencia municipal situada en Acea de Ama poderá acceder ás clases como observador e presenciar como se manexan os alumnos cos seus instrumentos.
As portas abertas desenvolveranse entre as 17.00 e as 20.00 horas ambos os días. No interior do Conservatorio sinalizarase debidamente as aulas que admiten observadores e a especialidade que acollen. Así, os visitantes poderán acceder a clases de piano, saxofón, trompeta, violín, clarinete, canto, frauta, percusión ou violoncello.
O goberno de Culleredo anima aos veciños a acudir ao Conservatorio para coñecer as posibilidades que ofrece. Os propios nenos poderán gozar do son dos diferentes instrumentos e decidir en cal quererían iniciar unha formación.
O Concello acaba de publicar as prazas vacantes coas que a día de hoxe conta o Conservatorio de cara ao próximo curso. Son un total de 67, das que 18 corresponden á o primeiro curso do grao elemental, 25 ao primeiro curso de grao profesional, e 24 ao nivel de iniciación.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER