O goberno de Culleredo amplía o seu abanico de programación cultural coas miras postas no humor. O Concello organiza durante o mes de xuño a primeira edición do Festival do Humor, que levará ao Edificio de Servizos Múltiples do Burgo a recoñecidas figuras do xénero.
O programa componse de monólogos, un taller de risoterapia e unha charla sobre o humor en Galicia. Os actos terán lugar todos os venres de xuño, desde o próximo día 7. A programación é a seguinte:
Venres 7:
16.00 Taller de risoterapia (20 prazas).
21.00 Actuación de Sara Escudeiro.
Venres 14: 21.00 h, actuación de Luís Zahera.
Venres 21:
17.00 Charla sobre humor en Galicia
21.00 Actuación de Quico Cadaval.
Venres 28: 21.00 h, actuación de Carlos Branco.
No Edificio de Servizos Múltiples pódense adquirir os abonos para todo o ciclo, ao prezo de 20 euros. As entradas soltas, a prezo de 7 euros, venderanse o mesmo día das actuacións, en despacho de billetes.
Con este novo festival, o Concello de Culleredo amplía a súa oferta cunha proposta que atraerá numeroso público tamén de fóra do municipio. A concelleira de Cultura, Alicia Ferreiro, apunta que este programa con artistas de notable interese servirá tamén para a dinamización do Burgo e os seus locais de hostalaría.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER