La Trova Coruñesa avanza o seu novo disco cun concerto o venres 31 no Burgo

Culleredo continúa incrementando as variedades culturais que ven acollendo semana tras semana. O goberno local, a través da Concellaría de Cultura, aposta nesta ocasión pola celebración dun concerto musical no que predominaran os ritmos cubanos.

Trátase  da actuación do grupo “La Trova”, previa á presentación oficial do seu novo disco “Nuevo Aire”. O concerto, con entrada de balde, terá lugar este venres, 31 de maio, ás 21.00 horas, no salón de actos do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.
 
Baixo unha nova dirección musical, a do percusionista cubano e mestre da Escola Municipal de Música de A Coruña, Tony Guevara, La Trova traballa nos últimos arranxos do seu novo traballo, que tras catro anos de existencia como formación, demostra unha evolución cara novos ritmos, maior profesionalización, máis variedade melódica, novas voces, etc. Pero todo sen perder a súa esencia de orixe, esa que os ten levado por toda Galicia atraendo sempre a un numeroso público de todas as idades que goza ao escoitar as notas desas cancións de todos os tempos.

O grupo musical La Trova conta con grande arraigo na comarca de A Coruña desde a súa fundación, hai xa varios anos. Trátase dunha formación   na   que   prevalecen   as   notas   románticas   de   boleros,   baladas, rancheras, tangos, música cubana e, en definitiva, cancións coñecidas por todas as xeracións e que contan sempre cun amplo abano de seguidores
 
La Trova presentará oficialmente o seu “Nuevo Aire” na cidade de A Coruña a mediados de xuño; antes, ofrecen este adianto o vindeiro venres en Culleredo.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina