O Concello recibe máis de 400 solicitudes para o plan de formación para o emprego

O Concello de Culleredo puxo en marcha unha programación propia composta dunha serie de accións formativas para o emprego, encamiñadas a aumentar a capacidade dos desempregados de cara lograr un traballo. O plan de emprego foi configurado atendendo á demanda do mercado laboral e ó mesmo tempo dirixido a formar na actualización e reciclaxe profesional.
 
O Concello abriu o 3 de abril o prazo de presentación de solicitudes. Recibíronse máis de 400 demandas dos veciños, das que:

  • Máis de 120 corresponden ao curso  de Manipulación de cargas con carreta elevadora.
  • Máis de 65 corresponden ao curso de Manipulador/a de alimentos.
  • Máis de 60 corresponden ao curso de Servizos de bar e cafetería.
  • Máis de 50 corresponden ao Taller de apoio á preparación das competencias clave.

O resto das solicitudes  distribúense entre as demáis  accións formativas ofertadas no programa:

  • Ferramentas informáticas básicas para a busca de emprego.
  • Técnicas de venda e atención ao/á cliente.
  • Habilidades para a busca de emprego
  • A idea de emprender
  • Creación de empresas.
  • Inglés básico na procura de emprego.

 A asignación de prazas realizarase a través dunha proba de selección no caso de que o número de solicitudes supere ao de prazas, agás o taller de apoio á preparación das competencias clave que será por orde de inscrición.
 
O Concello informa de que o vindeiro 24 de abril publicarase no taboleiro de anuncios do Centro Municipal de Formación e Emprego “Pablo Picasso”  e na páxina web do Concello de Culleredo os listados de admitidos e os listados de convocados para as probas de selección.

O plan de formación ten un obxectivo claro: incrementar a capacitación e así promover a inserción laboral de veciños que se atopen en situación de desemprego. A Concellaría de Formación deseñou un programa que conta con 224 prazas en modalidades elixidas segundo as necesidades do mercado laboral.

O goberno municipal tivo en conta as necesidades cambiantes dos postos de traballo á hora de configurar a oferta de accións formativas. A concelleira de Formación, Marta Iglesias, considera que a vista da demanda, o programa suscitou o interese dos veciños en situación de desemprego.

O plan de formación terá lugar durante os próximos meses no centro municipal de Formación e Emprego “Pablo Picasso”, situado no Burgo, na rúa Antonio Machado.Está destinado a veciños de Culleredo, preferentemente en situación de desemprego e inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia. A inscrición finaliza hoxe. Para máis información pódese contactar co centro municipal Pablo Picasso no número 981 66 42 04.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina