Celas celebra a fin de semana as festas de San Outelo coa tradicional bendición de cans

A parroquia de Celas está esta fin de semana de festas, en honra a San Outelo. Os veciños prepararon un completo programa de festexos para todas as idades, con tradición e novidades, no que colabora o Concello de Culleredo.

As festas comezarán mañá sábado 6 ás 9 da mañá coas bombas de palenque. Ás 11.00 horas chegará a quenda da "Quedada de todo terreos", que precederá á misa solemne do Resucitado, que comezará ás 13.00 horas.

Nesta primeira xornada haberá sesión vermú ás 14.00 horas coa Orquestra Abanico, que repetirá ás 22.00 horas xunto coa Discoteca Móbil Alcalá. Os pequenos gozarán de xogos infantís ás 18.00 horas.

O domingo 7, tras as bombas das 9.00 horas, estreará a I Feira de Artesanía, que contará coa participación de máis de 20 postos. Desenvolverase en horario de 13.00 a 19.00 horas.

Tras a misa solemne das 13.00 horas, ás 13.45 horas aproximadamente, chegará o momento da tradicional bendición de cans, dado que San Outelo é o seu patrón. Pola tarde, os cans tamén serán protagonistas cunha demostración de agility e defensa a por parte do club de adestramento Gerión, e co concurso canino, no que o can máis grande e o máis pequeno levarán premios.

A música do domingo correrá a cargo da Orquestra Suavecito, ás 14.00 e ás 22.00 horas. A organización sorteará unha cesta e unha bicicleta, nunha festa na que non faltará a gastronomía, con churrascada e pulpada, para o que se disporá unha gran carpa.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina