Culleredo convoca aos afectados polas preferentes nunha xornada en Vilaboa

Baixo o título "A plataforma de afectados e afectadas polas preferentes de A Coruña e Comarca: Xuntos podemos", o Punto de información ao consumidor de Culleredo, e a devandita plataforma, informarán aos veciños e veciñas de Culleredo dos traballos da organización cidadá, da situación da reivindicación de solución para ás persoas afectadas pola mala comercialización dos denominados "produtos tóxicos" como as preferentes e participacións subordinadas, e de como colaborar e unirse ao grupo de afectados e afectadas.

Desde Culleredo, anímase aos cidadáns afectados a sumarse á  plataforma. É fundamental a unión ante este grave problema, so unidos pode acadarse unha resposta positiva a miles de persoas, aforradoras que non inversoras, que non poden dispoñer dos seus cartos.

A xornada terá lugar mañá día 8 de febreiro no Pazo de Vila Melania (Vilaboa), ás 19:30 horas. É gratuíta e aberta a toda a cidadanía. O acto será presentado por Raquel Jabares, primeira tenente de alcalde e concelleira de Benestar Social, e contarase coa presenza de Ana María Cedeira, portavoz da plataforma, e con Agenor Gómez, avogado de xestión financeira da plataforma.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

Envíanos tus dudas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina