O Concello e os veciños do Burgo retiraron lixo e maleza na primeira limpeza do río Trabe

O Concello de Culleredo e as asociacións de veciños do Burgo decidiron unir forzas para mellorar o espazo natural do río Trabe e aminorar os danos provocados por actitudes incívicas. A Oficina Municipal de Voluntariado (OMVOL) organizou na mañá de hoxe a primeira limpeza do río Trabe, en concreto no tramo que discorre por Acea de Ama, entre a ponte dos Muiños e a ponte da autopista.

Para levala a cabo o Concello concretou unha colaboración coa Asociación de Veciños do río Trabe, a Asociación O Noso Burgo, e Adega. Protección Civil de Culleredo tamén participou nesta acción, coordinando a retirada do lixo do interior do río.

Desde as 9.00 horas, os voluntarios desenvolveron o seu traballo atopando residuos que dificilmente puideron chegar ao río sen que alguén os tirara. Entre eles pode nomearse a un  anaco dun quitamedos, dous bolardos que evitan o paso a zona peonís por parte de vehículos e un carro da compra.

Ademais de retirar todo o lixo atopado, os voluntarios e o Concello limparon o leito do río eliminando a maleza. O Concello creou un punto de recepción e información de voluntarios sinalado axeitadamente, no que se repartiu material necesario para a limpeza, coma luvas, bolsas plásticas, ou chalecos identificativos.

Entre os voluntarios puido verse ao alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, presente desde primeira hora da mañá. O rexedor, con roupa de traballo, participou activamente na acción retirando a maleza e lixo. Fixo o mesmo a concelleira de Xuventude, Marta Iglesias, promotora da actuación.

Sacristán apelou á conciencia cívica para evitar este tipo de situacións. “Este é un patrimonio natural de todos e todos somos responsables do seu coidado”, apuntou.

Lembrou que o paseo do río Trabe conforma un amplo espazo de lecer para os veciños do Burgo e Acea de Ama en pleno núcleo urbano. Un carril bici, mobiliario e natureza son as características deste camiño, utilizado a diario por ducias de veciños e moitos deportistas.

Iglesias predixo que esta acción non será a última para limpar o río Trabe. “Queda traballo por facer e desde a Oficina Municipal de Voluntariado continuaremos promovendo esta mellora así como outras accións de carácter medioambiental”, afirmou.
 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina