O Concello anima a participar na recollida de material escolar para as familias en risco de exclusión social

A Concellaría de Consumo do Concello de Culleredo anima aos veciños a participar nos últimos días da campaña de recollida de material escolar. A iniciativa desenvólvese desde o pasado día 18 de xuño e remata o vindeiro 21 de setembro.
 
A campaña ten como obxectivo fundamental o de fomentar un consumo responsable e solidario entre o alumnado cullerdense, ademais de recompilar material para doalo a familias en risco de exclusión social que non dispoñen de recursos para a adquisición do material necesario para os seus fillos e fillas.
 
As persoas que desexen participar, poden achegar calquera tipo de material escolar: desde unha goma de borrar e un lapis,  ata libretas ou cartucheiras e mochilas. Tamén se recollerán uniformes escolares, chándales e calzado deportivo. Deberán ser novos ou estar en bo estado.

Os centros de ensinanza pública, e as librarías do concello son os puntos de recollida. En cada un destes puntos hai un contedor para o seu depósito.
 
O Concello quere agradecer de antemán a solidariedade cidadá, ademais de dar as grazas aos colaboradores, estes exercen unha labor de motivación fundamental e recollen o material:
  • CEIPS: RÍA DO BURGO, ISAAC DÍAZ PARDO, SOFÍA CASANOVA E TARRÍO
  • CRA DE CULLEREDO
  • IES BLACO AMOR E UNIVERSIDADE LABORAL
  • ESCOLAS INFANTÍS PÚBLICAS
  • E AS LIBRARÍAS DE CULLEREDO: BESA, C&C , CARLIM, COPYBURGO, HELENA, KE E RIBADOS

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina