O Concello reúne un centenar de coches clásicos, históricos e deportivos no Burgo

 

presentación

 

O recinto multiusos do paseo marítimo do Burgo prepárase para recibir este fin de semana a centos de visitantes. O Concello de Culleredo, coa colaboración do Automóbil Club de Culleredo, organiza o IV Encontro de Coches Clásicos, Históricos e Deportivos que reunirá a un centenar de modelos e permitirá gozar das peripecias dos pilotos.

O encontro iniciarase o sábado 2 de xuño ás 10.00 horas. Os visitantes poderán contemplar exposicións nas que se mostrará a evolución dos modelos, a frota de diversos clubs de automóbiles ou curiosas maquetas. Pero sen dúbida, o que atraerá máis a atención do público serán os coches.

Haberá coches históricos, como un Citroën 11 de máis de 70 anos de antigüidade, o maior do encontro. De especial interese será a reunión de Alfa Romeo, cuns 20 modelos especiais, algúns con máis de 50 anos. E non faltarán os coches superdeportivos, co rechamante Ferrari.

Cada media hora terán lugar exhibicións de vehículos no circuíto. Con gran expectación espéranse as demostracións do domingo pola tarde, co Motor Melide Sport e PTC Escola. Tamén efectuará demostracións unha empresa especializada na limpeza de vehículos.

As exhibicións terán lugar nos horarios de 10.30 a 13.30 horas pola mañá; de 16.00 a 19.00 horas pola tarde; e de 21.00 a 23.00 horas o sábado pola noite. O encontro clausurarase o domingo ás 20.00 horas.

Este ano o encontro decidiu incluír unha compoñente solidaria. Ás 18.00 horas do sábado terá lugar a presentación da asociación Agaela, Asociación Galega contra a Esclerose Lateral Amiotrófica. O obxectivo é dar a coñecer esta enfermidade. Este acto contará coa actuación musical de Gandy, co que se poderá celebrar o ascenso do Deportivo.

O concelleiro de Servizos de Dinamización Local, Isidro Taibo, explicou na presentación que o éxito alcanzado no tres primeiras edicións levou a consolidar o evento. "O Burgo chearase de xente de Culleredo, da comarca e mesmo de Galicia cos beneficios económicos que conlevará para a hostalaría ou vos comercios", sinalou.

O edil anima a acudir a este encontro pola "calidade" dos modelos que se poderán ver e as "marabillas que se fan nas exhibicións". Ademais, encomiou o carácter solidario introducido e mostrou o seu apoio a Agaela.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

Envíanos tus dudas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina