O Concello organiza un curso de “economía doméstica” con consellos prácticos para o aforro

Recursos para o aforro enerxético; recomendacións sobre a administración económica; servizos de telefonía e Internet; organización de espazos, dereitos dos consumidores serán algúns dos temas que se traten no obradoiro de economía doméstica que organizará o Concello, a través da Concellaría de Servizos Sociais, e que se celebrará todos os xoves dos meses de febreiro e marzo.

Trátase de dar consellos útiles, recomendacións de aforro, necesarios e a ter en conta na situación económica actual. Celebraranse de once e media da mañá a unha da tarde na Casa Rosa do Burgo. A inscrición é gratuíta, as sesións independentes e o número de prazas estará limitado ao aforo das instalacións.  

Ás persoas que participen nestes obradoiros daránselles recomendacións desde como aforrar na tarifa eléctrica, na subministración de gas, no servizo de auga até como manexar os electrodomésticos para conseguir un menor na factura eléctrica. Tamén se lles explicará como ler correctamente as facturas, como facer unha lista da compra, confeccionar menús, ofertas, as marcas brancas e a utilización dos cartóns e préstamos, entre outros conceptos.

Outro dos aspectos que serán tratados durante o obraodiro serán os servizos de telefonía e Internet, explicando o aforro en prestacións dun operador ou outro, contratos, diferentes tarifas e os dereitos dos consumidores.

Por último, farase especial fincapé en aspectos que moitas persoas non teñen en conta á hora das súas prácticas de aforro pero que son importantes como o manter en orde as alacenas e armarios, como un dos aspectos fundamentais para o aforro; a comida; e a roupa, con indicacións que van desde a posta en funcionamento da lavadora até o roupeiro, sen pasar pola moda da reciclaxe.

 

cartel curso

 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina