Culleredo recibiu 87 solicitudes de axudas para situacións de emerxencia desde que aprobou o seu regulamento

O Concello de Culleredo elaborou e aprobou un regulamento para a concesión de prestacións económicas para situacións de emerxencia ou de urxente necesidade social que sufran os veciños de municipio co obxecto de regularizar a tramitación. Esta norma comezou a funcionar o pasado 5 de maio. Desde entón, o Concello recibiu a solicitude 87 persoas para optar ás axudas.

O departamento técnico de Servizos Sociais resolveu até o de agora 48 desas 87 solicitudes, sendo 42 concedidas e 6 denegadas por non cumpriren cos pertinentes requisitos. Estas 42 prestacións suman unha cantidade de 38.000 euros, procedentes do fondo destinado polo Concello de Culleredo.

Principalmente, as solicitudes recibidas por veciños en esta situación se dirixen a obter prestacións para o alugueiro de vivenda. Tamén existen peticións para axudas á compra de medicinas, obtención de bonos de alimentación, produtos de limpeza, e ao pago dos recibos de servizos básicos coma a auga e electricidade.

As 39 solicitudes restantes, que son as recibidas con data máis posterior, atópanse en fase de tramitación. Nalgúns casos o proceso alóngase dado que é necesario que os solicitantes aporten correctamente a documentación requirida.

A primeira tenente de alcalde, a nacionalista Raquel Jabares, aínda que lamenta ter que afrontar este tipo de situacións sociais, considera que a confección e posta en marcha da norma reguladora deste proceso foi un “acerto”, dado que “garante o reparto dos fondos municipais dunha forma xusta entre aqueles que máis o necesitan”. “Con esta regulación temos un control escrupuloso que evita calquera tipo de picaresca moi indesexable sobre todo cando falamos de axudas de emerxencia social”, afirma.

A concelleira nacionalista asegura que con esta ordenación acádase unha “homoxenización dos criterios dos técnicos” para conceder as prestacións. “Estamos optimizando os nosos recursos para empregalos nas áreas de maior necesidade”, sinala.

A decisión de promover o regulamento susténtase na aposta pola transparencia en toda a xestión municipal que promove o grupo de goberno. “Agora todos os veciños saberán que dereitos teñen e cales son as súas obrigas para telos”, apunta a primeira tenente de alcalde, que explica que esta ordenación constitúe un paso máis cara a “universalización” dos Servizos Sociais.

Jabares considera que esta decisión de mellorar as prestacións sociais aos veciños contrasta “por desgraza” coa “pobre aposta” da Xunta de Galicia. O goberno autonómico reduciu un 3,78% o gasto social con respecto a 2010, mentres que o Concello de Culleredo o sube ano tras ano e de feito supón o 8,05% do orzamento municipal.

Criterios de igualdade

No regulamento especifícanse as distintas axudas que contempla o Concello, os criterios para a súa concesión e a tramitación que deben seguir todos os veciños interesados. En concreto, Culleredo proporciona apoio económico para a compra de alimentación de primeira necesidade, servicios de canguraxe, medicamentos, bonos de transporte, e gastos derivados das vivendas como aluguer, hipotecas ou gasto corrente. Tamén dáse cobertura a necesidades excepcionais como aloxamento temporal en establecementos privados por causas de forza maior, gastos de seguro o gastos funerarios, entre outros.

Asemade, Jabares salienta que a normativa imporá cambios que redundarán no bo funcionamento destas prestacións. Ata o de agora, os beneficiarios recibían vales para alimentación que debían canxear nun supermercado asociado. O regulamento ordena que cada beneficiario recibirá un lote de produtos de primeira necesidade na súa casa, o que supera o estigma social que se causaba ao ensinar públicamente os vales á hora de efectuar a compra nos supermercados, á vez que evita un malgasto dos mesmos en produtos menos necesarios.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

Envíanos tus dudas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina