Xira de teatro de maiores nos centros de ensino

Os grupos de teatro do Burgo e de Orro, do Centro de Maiores, organiza unha xira polos centros de ensino de Culleredo para o mes de xuño. Durante esta "Xira pola infancia de Culleredo", , representarán as obras´ " A rá Lucia e o grilo Guillermo " e a "A escola de tócame Roque" respectivamente. O centros onde actuarán son: as Galescolas de Fonte da Balsa e de Fonteculler, e nos Colexios de Educación Primaria: Ceip Tarrío, Ceip Isaac Díaz Pardo, Ceip Sofia Casanova, Ceip Ría do Burgo e Colexio A Ponte Pasaxe. Ademais o día 26 haberá unha actuación especial no conservatorio de música aberta a todo o público.

Neste momento cóntase con dous grupos de teatro: un no Burgo e outro en Orro. Durante a primeira quincena de xuño, e como novidade este ano, por vez primeira estes actores e atrices amateurs levarán as súas obras aos centros de ensino municipais, ofrecendo deste xeito unha actuación que vai mais alá de encher o tempo de lecer: con esta experiencia interxeneracional onde maiores e pequenos comparten o interese e o pracer polas actividades artísticas e culturais, ademais de reforzar a autoestima e a confianza en si mesmos, amósase que cada etapa ten moito que dar aos demais e que entre as distintas xeneracións tamén se poden crear espazos socioeducativos para compartir.

Agárdase que iniciativas deste tipo contiúen a súa andaina e se sumen mais maiores, futuros artistas.

• Galescola Fonte da Balsa: día 2 de xuño ás 10,30h
• Galescola a Tartaruga :día 3 de xuño ás 10,30 h
• CEIP Sofía Casanova : día 4 ás 11,00 h
• CEIP Ria do Burgo : día 10 ás 10,30h e ás 12,00 h
• CEIP I. Diaz Pardo: día 12 ás 10,15h e ás 11,00 h

Conservatorio de Música: Día 26 de xuño ás 19,00h
Actuación dos grupos do Burgo e Orro : Aberto a todo o público

Personaxes:

Rá Luci.- Soledad Muñiz
Grilo Guillermo.- Pilar Borrajo
Saltamontes Federico.- Elsa Rodríguez
Gusano.- Aurelia Álvarez
Abella.- Emilia Louro
Tartaruga 1.- Salvador Montero
Bolboreta 1.- Mª Jesús Iglesias
Bolboreta 2.- Micaela Gónzalez
Bruno ( Neno ).- Visitación Parafita
Pablo( Neno ).- Lola Parga

Rosita.- Loreto Naya
Mariquña.- Mº Carmen Garaboa
Carmela.- Mª Carmen Capelán
Andrea.- Consuelo Piñón
Profesor.- Fernando Pedreira
Director.- J. Luis Mañana
Pai.- J. Manuel Martínez
Inspector.- J. Luis Mañana

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina