O Concello de Culleredo quere agradecer publicamente a implicación descomunal demostrada polos veciños de Culleredo na campaña contra a violencia de xénero que se desenvolveu durante toda a semana. Unhas 250 entidades, entre comercios, empresas, centros educativos, asociacións ou clubs sumáronse de forma desinteresada para facer visible un rexeitamento unánime á violencia machista.
O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, recibiu hoxe ao presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, na que foi a súa primeira visita oficial ao municipio. Como primeiro paso do acto elixiron o centro ocupacional A Escada, de titularidade municipal e cofinanciado pola Deputación, no que se traballa na autonomía personal de persoas con discapacidade intelectual.
O Concello de Culleredo asinou o protocolo de adhesión á campaña "En negro contra as violencias machistas". A través dela, anímase a toda a comunidade: educativa, comercios, asociacións, e veciños e veciñas en xeral; a implicarse na conmemoración do 25 de novembro, día internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
Do 17 ao 26 de novembro a Sociedad Coruñesa de Canaricultura organiza no xardín botánico a XLII exposición de canaricultura. Ademais, conxuntamente, tamén se levará a cabo o XVIII concurso de debuxo infantil sobre os páxaros e a natureza.
Xa se publicou o programa de actividades infantís de novembro para as bibliotecas municipais 'Manuel González Garcés' (O Burgo) e 'Xosé Cardeso Liñares' (Vilaboa). Todas as semanas deste mes os nenos e nenas do Concello de Culleredo disporán dunha ou varias propostas de ocio.
Visiblemente emocionado compareceu o alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, para informar da súa decisión de renunciar á alcaldía, que fará efectiva no día de mañá. O rexedor, que vén gañando as eleccións municipais desde 1983, explicou que toma a determinación por motivos exclusivamente persoais e familiares, cun gran cansanzo acumulado, sinalou, especialmente nos últimos tres anos.
O Concello de Culleredo, dentro do seu programa de Dinamización Comunitaria dirixido a maiores de 65 anos, programou unha viaxe a Segovia e aos seus arredores do 24 ao 27 de outubro.
Xa se publicou o programa de actividades infantís ata decembro para as bibliotecas municipais 'Manuel González Garcés' (O Burgo) e 'Xosé Cardeso Liñares' (Vilaboa), que comezarán no mes de outubro.
O Concello organiza dúas quenda dos Cursos de Micoloxía, que alcanzan a XXIII edición. A inscrición estará aberta do 2 ao 6 de outubro.
Os próximos días 12,13,14 e 15 de outubro terá lugar nas instalacións de Padelplus - Culleredo o primeiro torneo de Pádel solidario de APEM (Asociación Pro Enfermos Mentais).
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER