O Concello de Culleredo elevará ao pleno da corporación, que terá lugar o próximo 29 de novembro, a aprobación do Orzamento Municipal para o ano 2013. O alcalde, Julio Sacristán, prevé igualar ingresos e gastos no orzamento, por tanto tratarase dun orzamento equilibrado. Os ingresos e gastos roldarán os 22,5 millóns de euros, 1,3 millóns por baixo da contía aprobada o ano pasado. Neste descenso incide a decisión do goberno local de non incrementar as taxas.
Os orzamentos municipais para 2012, aprobados polo pleno da corporación, veñen marcados por un descenso dun 12,1% con respecto a 2011. Desta forma, o goberno local configura unhas contas prudentes, realistas coa situación de crise, e que garantirán os servizos básicos aos cidadáns.
A pesares de este descenso, o Concello incrementa a consignación a Servizos Sociais, considerando que se trata da área prioritaria para os veciños no contexto actual. Estas partidas supoñen o 9,24% do total do orzamento, 1,87 millóns de euros.
Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información ao respecto da actividade contractual do Concello de Culleredo ponse a disposición de todos os interesados o presente perfil de contratante, de conformidade co establecido na Lei 30/2007 de contratos do sector público.
Descripción: | Solicitude de exención no I.V.T.M por tratarse dun vehículo matriculado a nome de minusválido |
Descripción: |
Descripción: |
Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...
Emisión en directo de plenos municipais e material audiovisual municipal.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER