Bonificación no IBI para as familias numerosas

Descripción: Bonificación no IBI para as familias numerosas. Só aplicábel á vivenda habitual
Documentación a presentar:
  • Impreso de solicitude (Ver formulario)
  • Copia compulsada de título de familia numerosa expedido polo órgano competente
  • Certificado de empadroamento do titular da familia numerosa, referido á situación existente a 31 de decembro do ano inmediato anterior, na que constan os membros da unidade familiar que conviven no inmoble para o que se solicita bonificación.
Prazo de presentación:  Antes do 31 de marzo de cada ano.
Normativa reguladora:

Terán dereito a unha bonificación do 90% sobre a cota íntegra aplicable aos bens inmobles de carácter residencial destinados a vivenda habitual e nos que figure como suxeito pasivo quen ostente a condición de titular dunha familia numerosa, sempre que se cumpran ademais os seguintes requisitos:

a. que a suma dos valores catastrais de todos os bens inmobles sitos no Termo Municipal de Culleredo, dos que sexan suxeitos pasivos o titular da familia numerosa ou algún dos membros da mesma, non exceda de 100.000 €.
b. que a renda da unidade familiar, tendo en conta o número de membros da mesma, non exceda dos límites que figuran no seguinte cadro:

Número de membros da unidade familiar

Importe máximo de renda

3

20.000,00 €

4

30.000,00 €

5

35.000,00 €

6

39.000,00 €

7

42.000,00 €

8

44.000,00 €

9  ou máis

45.000,00 €

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Para os efectos de aplicación do cadro anterior, considerarase renda a suma das bases impoñibles dos membros da unidade familiar que obteñan rendas suxeitas ao Imposto sobre a Renda de Persoas Físicas.

A bonificación concedida só surtirá efectos para o período impositivo no que se insta a súa concesión, debendo solicitarse a prórroga nos seguintes períodos impositivos, achegando de novo a documentación que acredite que se seguen cumprindo os requisitos para a súa obtención, antes do 31 de marzo do ano en que deba surtir efecto.

 

 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina