Economía e Facenda

Acta de arqueo realizada con motivo do cambio de corporación

O Concello de Culleredo presentou a acta de arqueo no pleno de constitución da Corporación, de acordo co Real Decreto 2568/1986. Do arqueo se desprende que o Concello de Culleredo conta con 8.820.235,69 euros en total nas súas contas bancarias.

O Concello logra 4 millóns de remanente que permiten un novo plan de investimentos

O Concello acaba de coñecer a liquidación do exercicio económico de 2014. Sáldase cun superávit de 1.621.780,09 euros e un remanente positivo de 4.083.645,06 euros, o que constata a boa saúde das arcas municipais. Sacristán e Rioboo deciden ante estes resultados lanzar novos investimentos para responder a necesidades veciñais.

O Concello de Culleredo conxela as taxas e impostos municipais para 2015

As taxas das ordenanzas fiscais do Concello de Culleredo non subirán en 2015. Esa é a decisión do goberno municipal, sensible á difícil situación económica actual para moitas familias, refrendada xa no pleno da corporación.

Culleredo suprime diversas taxas de expedición de certificados e compulsa de documentos

O cotexo de documentación e a obtención de determinados certificados xa non levan o pago de ningunha taxa en Culleredo. Despois da súa aprobación en pleno, e tras finalizar o período de exposición pública sen recibir alegación algunha, entra en vigor a supresión dun total de 13 epígrafes da ordenanza fiscal número 6, a proposta do Concello de Culleredo

O Concello de Culleredo reduce as taxas para a inspección técnica de edificacións

O Concello de Culleredo acaba de aprobar varias modificacións nas súas ordenanzas fiscais, coa finalidade principal de facilitar as tramitacións urbanísticas aos veciños. No pasado pleno, o goberno municipal impulsou unha importante redución na inspección técnica de edificacións.

O goberno de Culleredo suprime 13 taxas de certificados e documentos para facilitar os trámites aos veciños

O cotexo de documentación e a obtención de determinados certificados non levarán o pago de ningunha taxa aos veciños de Culleredo. O goberno municipal elimina un total de 13 epígrafes da ordenanza fiscal número 6 para facilitar os trámites coa administración municipal por parte dos cidadáns.

O goberno de Culleredo presenta uns orzamentos á alza con gastos “realistas” para o benestar do veciño

A eficacia na xestión dos recursos municipais e a coordinación entre as áreas permiten ao Concello de Culleredo presentar uns orzamentos para o ano 2014 cun crecemento dun 2,49% con respecto ao presente exercicio.

O superávit de 3 millóns de euros acadado en 2012 permite amortizar xa o crédito ICO

Os excelentes resultados económicos conseguidos polo Concello de Culleredo no ano 2012 permiten ao goberno local a amortización completa do crédito ICO subscrito o ano pasado para o pago a provedores, a raíz do plan aprobado polo Goberno do Estado. A pesar de que o Concello dispón de 10 anos para amortizar os 2,1 millóns de euros do crédito ICO, o superávit de 3,037 millóns de euros logrado en 2012 propicia a situación económica máis que suficiente para cancelalo, se se desexa, de inmediato.

Culleredo logra un superávit de 3 millóns de euros na liquidación de 2012

A liquidación do orzamento municipal de 2012 arroxa un resultado moi positivo para o Concello. Culleredo logra un superávit de 3.037.603,79 euros, o mellor resultado desde 2006. O remanente de tesouraría arroxa unha cifra tamén positiva, alcanzando os 2.907.995,97 euros. O aumento dos dereitos recoñecidos netos constitúe unha das razóns para que o Concello alcanzase este superávit.

O Concello aumenta o horario das terrazas a petición dos hostaleiros

O Concello de Culleredo modificou a ordenanza de terrazas para a ampliación do horario, petición expresa do sector hostaleiro para ver favorecida a súa actividade. Adiántase media hora o horario de montaxe das terrazas e aumenta unha hora a súa recollida. O horario de funcionamento das terrazas será no inverno ata as 00.30 horas, aínda que os venres, sábados e vésperas de festivo poderá incrementarse nunha hora máis. Tamén nos meses de verán poderá aumentarse unha hora.

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Canle Culleredo

Emisión en directo de plenos municipais e material audiovisual municipal.

Acceda a canle

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina