Bonificación a familias numerosas en la tasa de agua y alcantarillado

Descripción:

Bonificación na taxa por consumo de auga e/ou alcantarillado para as familias numerosas. A bonificación só será aplicable á vivenda habitual do contribuínte.  

Documentación a presentar:

  • Impreso de solicitude (Ver formulario)
  • Copia compulsada de título de familia numerosa expedido polo órgano competente. 
  • Certificado de empadroamento do titular da familia numerosa, referido á situación existente a 31 de decembro do ano inmediato anterior, na que constan os membros da unidade familiar que conviven no inmoble para o que se solicita bonificación.

Prazo de presentación:

Anualmente, antes do 1 de xaneiro do ano correspondente ao período impositivo en que se pretenda que comece a mesma. No caso de alta no servizo, a solicitude de bonificación presentarase conxuntamente coa solicitude de alta.

Normativa reguladora:

 Artigo 6º.- Bonificacións.

  1. As familias numerosas de categoría especial terán unha bonificación na taxa por consumo de auga e/ou alcantarillado do 50% sobre o consumo non incluído na cota de dispoñibilidade ata un máximo de 33 m3.
  2. As familias numerosas de categoría xeral terán unha bonificación na taxa por consumo de auga e/ou alcantarillado do 50% sobre o consumo non incluído na cota de dispoñibilidade ata un máximo de 23 m3.
  3. A bonificación só será aplicable á vivenda habitual do contribuínte. 
  4. Os suxeitos pasivos que, cumprindo os requisitos establecidos no apartado anterior, pretendan obter a bonificación regulada neste apartado, deberán presentar unha solicitude antes do 1 de xaneiro do ano correspondente ao período impositivo en que se pretenda que comece a mesma. No caso de alta no servizo, a solicitude de bonificación presentarase conxuntamente coa solicitude de alta. Coa mesma deberá achegarse a seguinte documentación: 
    1. Copia compulsada de título de familia numerosa expedido polo órgano competente. 
    2. Certificado de empadroamento do titular da familia numerosa, referido á situación existente a 31 de decembro do ano inmediato anterior, na que consten os membros da unidade familiar que conviven no inmoble para o que se solicita bonificación.
  5. A bonificación concedida terá efectos durante o ano natural no que se insta a súa concesión, debendo solicitarse a prórroga nos anos sucesivos, achegando a documentación que acredite que se seguen cumprindo os requisitos para a súa obtención.

 

  

 

 

Sede electrónica

Acceda a la información de los procedimientos del catálogo municipal, a la descarga de solicitudes, al registro electrónico...

Acceder a los servicios

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

Envíanos tus dudas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina