A cullerdense Lola Vázquez, medalla de bronce na Copa de España Infantil de judo

A judoka cullerdense Lola Vázquez obtivo esta fin de semana un gran resultado no Copa de España Infantil de judo, que se celebrou en Santiago de Compostela. A deportista, integrante do Judo Club Culleredo, alzouse coa medalla de bronce na categoría de menos de 63 quilos.

Vázquez repite a posición que conseguiu o ano pasado nesta mesma proba, cedendo soamente ante a representante madrileña, Belén Ruíz, que finalmente se coroaría como vencedora da competición.

Ademais de Vázquez, nesta copa tomaron parte outros dous judokas do club cullerdense: Leandro Fernández, na categoría de menos de 60 quilos; e David Varela, na de menos de 55 quilos de peso. Aínda que non obtiveron os resultados da súa compañeira, tiveron un gran desempeño e suman unha valiosa experiencia para próximas competicións.

Esta fin de semana foi moi especial para todo o Judo Club Culleredo, xa que outros integrantes que non participaban da proba desprazáronse ata a capital galega para animar aos seus compañeiros e compañeira, demostrando unha forte unión e un gran espírito de equipo.

A primeira tenente de alcalde e concelleira de Deportes, Cristina Pardo, trasladou as súas felicitacións ao Club Judo Culleredo por “todo o esforzo que realizastes durante meses para obter estes grandes resultados. Desde o Concello esperamos que este sexa soamente o primeiro de moitos outros triunfos, tanto individuais como colectivos”.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina