O programa de reforzo 'Perros y Letras' afiánzase en Culleredo tras cumplir catro anos desde a súa implementación

O programa “Perros y Letras” de READ España afiánzase en Culleredo ao cumprirse catro anos desde a súa implementación.  Esta mañá celebrouse unha sesión con persoas usuarias do Centro Ocupacional ‘A Escada’ e a cadeliña Nala, xunto á súa educadora e guía Laura González, coordinadora do programa na provincia da Coruña. Este trimestre tamén se está traballando conxuntamente no CEIP Plurilingüe de Tarrío e o CEIP Plurilingüe Ría do Burgo.

Desde que se implementase en 2020, en pleno estado de alarma e onde as sesións eran telemáticas, é o cuarto ano consecutivo que leva a cabo. O obxectivo principal é axudar tanto a pequenas e pequenos escolares do municipio como a persoas con discapacidade intelectual a estimular as habilidades lectoras e melloras a nivel social. A actividade está financiada polo Ministerio de Cultura do Goberno de España e o Concello de Culleredo.

Elíxense para isto cans de terapia porque son moi tranquilos, capaces de estar todo o tempo ao seu lado e pendentes de toda persoa que le xunto a eles e elas. Todos os animais deste programa pasan un exame cada dous anos para comprobar que a súa tolerancia ao estrés sexa alta e poder así continuar coa súa actividade. Tamén se valora positivamente o vínculo que lle une ao seu guía.

 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina