Alcer Coruña imparte un total de 7 obradoiros en Culleredo

Nos meses de outubro, novembro e decembro Alcer Coruña levou a cabo un total de 7 obradoiros no concello de Culleredo impartidos por un total de 5 profesionais, tres profesionais do Traballo Social, unha profesional de Terapia Ocupacional e unha profesional de Nutrición.

Dentro do ámbito de traballo social abordouse o tema das pensións de xubilación, os tipos que hai e a revalorización das mesmas para o ano 2024. Estes obradoiros impartíronse o 24 de outubro, o 21 de novembro e o 5 de decembro no Centro Cívico Municipal de Fonteculler, no Pazo de Vila Melania e na Sala de actividades Irmáns Brañas, respectivamente, e acudiron un total de 50 persoas.

Por outra banda no ámbito da terapia ocupacional informouse sobre as estratexias e os hábitos saudables nas persoas adultas, co obxecto de fomentar ferramentas que axuden ao desenvolvemento da autonomía e a independencia nas actividades da vida diaria, o día 14 de novembro no Pazo de Vila Melania e no centro cívico de Fonteculler e acudiron un total de 30 persoas.

E por último no ámbito de nutrición, a través do fomento de hábitos de vida saudables nas persoas adultas, realizáronse dúas charlas informativas: o dia 1 de decembro no centro social de Boedo e no de Peiro, acudiron 22 persoas.

As persoas beneficiarias destas formacións foron un total de 102 persoas.

 

Alcer Coruña

A Asociación para a Loita Contra as Enfermidades de Ril, Alcer Coruña, ten como obxectivo prestar atención psicosocial e mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidade renal e aos seus familiares na provincia de A Coruña. Ademais da atención, asesoramento e intervención con persoas con enfermidade renal, entre os obxectivos da entidade tamén está a sensibilización á cidadanía sobre a doazón de órganos e hábitos de vida saudables.

Esta actividade enmárcase dentro do Programa SIO que Alcer Coruña ten conveniada co concello da Culleredo onde o obxectivo principal é promover os hábitos de vida saudable entre as persoas con enfermidade renal crónica e os seus familiares.
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina