Aberta a votación do mellor escaparate de Nadal de Culleredo

O Concello de Culleredo abriu o período de elección do mellor escaparate de Nadal deste ano. O IV Concurso de Escaparatismo de Nadal ten xa activa a web, www.omellorescaparatedeculleredo.com, coa galería de fotos dos establecementos participantes e a posibilidade de votar á favorita dos veciños.

Este ano inscribíronse no concurso un total de 34 establecementos comerciais abertos ao público, de ámbitos variados. A decoración do escaparate ten que gardar relación con motivos de Nadal, con creacións libres. Deberán estar decorados ata o 6 de xaneiro.

Os premios outorgaranse polo número de votos obtidos por cada escaparate. O primeiro premio será a montaxe de tres escaparates durante todo o ano 2024, por un profesional do sector do escaparatismo de recoñecido prestixio e cun custo de material de 70 euros por escaparate. O segundo premio consistirá na montaxe de dous escaparates, e o terceiro premio, dun.

Nesta iniciativa municipal para promocionar o comercio local, haberá premios non só para as mellores composicións, senón tamén para os veciños que participen na votación, con vales de compra no comercio de Culleredo. Entrarán nun sorteo final de 20 premios valorados en 50 euros cada un, que deberán ser gastados nalgún dos comercios adheridos á campaña. As votacións realizaranse a través da páxina mencionada anteriormente.

Esta acción forma parte do programa de dinamización local que impulsa o Concello de Culleredo en Nadal. A próxima semana presentarase tamén o concurso para animar a comprar estas festas nos establecementos do municipio.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina