Un parque temático e o circo de Rody Aragón encherán de maxia o Nadal de Culleredo

Culleredo acollerá desde o venres 1 de decembro, un parque temático do Nadal con diferentes atraccións e o gran circo de Rody Aragón. O Winter Park estará situado no Burgo, na chaira do paseo marítimo, lugar que acolleu a presentación do evento.

Ao acto acudiu o alcalde, José Ramón Rioboo, xunto con Rody Aragón e Luís Vila, responsable da organización. Tamén asistiron a primeira tenente de alcalde, Cristina Pardo, e o concelleiro de Desenvolvemento Socioeconómico, Juan Carlos Lovelle.

O parque abrirá polas tardes e contará con diversas atraccións, food trucks, algún posto de artesanía e actividades como as visitas de Papá Noel. Ademais do circo, un gran espectáculo destinado a un público familiar con pases practicamente a diario.

"Para min estar en Culleredo ten un significado sentimental moi importante", confesou Rody, lembrando que hai 16 anos celebrou aquí a súa primeira actuación tras perder á súa nai. Esa connotación familiar teraa o seu espectáculo "Volve soñar", que narra o comezo da familia Aragón en televisión.

Esta historia cóntase a través de cancións e de atraccións de circo. "Desde que a estreamos, é o espectáculo que fixemos que máis pon de pé ao público", expresou Rody, que augurou un "Nadal máxico".

Rioboo destacou que Culleredo é "a capital do circo" ao acoller durante o ano varios espectáculos. "É unha honra que sexamos un referente neste ámbito", afirmou. "Os veciños e veciñas de Culleredo iremos ao circo a dicir o ben que estamos", dixo o rexedor, en referencia á mítica frase da familia. "Serán veladas extraordinarias", concluíu.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina