Comeza o prazo de preinscrición para a Coral de Adultos do Conservatorio Municipal de Música de Culleredo

Comeza o prazo de preinscrición para a Coral de Adultos do Conservatorio Municipal de Música de Culleredo. Será desde hoxe, 1 de setembro, ata o xoves 21 de setembro de 2023. Realizarase mediante impreso específico para o Conservatorio Municipal de Música de Culleredo que se presentará no Rexistro Municipal e que se facilitará no Edificio Municipal de Servizos Múltiples e na Casa do Concello. 

Nesta actividade hai un número limitado de prazas que será de 45 e se cubrirán por rigorosa orde de inscrición. 

O venres 22 de setembro publicaranse as listas provisionais de preinscrición no Edificio Municipal de Servizos Múltiples do Burgo e na páxina web do Concello. 

O xoves 28 de setembro publicaranse as listas de admisión para matricularse no Conservatorio Municipal de Música do Concello de Culleredo e na páxina web do Concello. 

O prazo de formalización da matrícula será do luns 2 de outubro ó venres 6 de outubro de 2023. A matrícula será de balde. 

O luns 9 de outubro de 2023 publicarase a lista definitiva de persoas matriculadas no Conservatorio Municipal de Música do Concello de Culleredo e na páxina web do Concello. 

En todos os casos, na adxudicación de prazas terán prioridade as persoas empadroadas en Culleredo. 

A actividade Coral de Adultos do Conservatorio Municipal de Música de Culleredo está dirixida exclusivamente ós e ás maiores de 18 anos e se desenvolverá nas instalacións do Conservatorio Municipal de Música de Culleredo os luns e os xoves en horario de 10:30 a 12:30 horas. 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina