Volve BurgoJazz ao Concello de Culleredo

Volve BurgoJazz ao Concello de Culleredo coa súa vixésimo segunda edición!
 
Do 30 de xuño ao 3 de xullo realizaranse numerosos concertos de jazz na Aula da Natureza Juan Lembeye do Xardín Botánico Ría do Burgo, ás 20:30 horas cada un deles.
 
O venres, 30 de xuño, a nova edición comezará co Tributo a Grapelli, o trío referente no panorama nacional e especializado en gipsy jazz e jazz manouche, e con Charo Quicler & Group, un proxecto actual da formación inspirada nos temas de Jazz vocal clásico interpretados no famoso Cotton Club de New York e que marcaron a banda sonora do século XX.
 
O sábado, 1 de xullo, será o turno de Marian Ledesme & Tinaguero Brothers. Con máis de 20 anos de experiencia nos escenario, Marian Ledesma, volve as súas orixes Bluseros da man dos irmáns Tinaquero, figuras indispensables da escena do Blues en Galicia. Tamén actuará Simón García Quartet, un contrabaixista e compositor ecléctico que traballou e grabou para artistas e formacións de diferentes estilos.
 
O domingo, 3 de xullo, a combinación de tradición, folclore e modernidade virá da man do concerto de Puzzle Cabinet que viaxarán desde a fusión desenfadada ao intimismo sincero con temas brasileños, balcánicos e propios. A súa vez, tamén contaremos coa presencia de Udra, o trío musical fusionan o groove soul e o hiphop coa complexidade do jazz.
 
O luns, 3 de xullo, pechará a edición a actuación Potato Head Jazz Band unha das mellores a nivel nacional no estilo Hot Jazz Tradicional/New Orleans, o jazz máis divertido e animado das décadas dos anos 20 e 30.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina