Culleredo despediu hoxe as actividades cardiosaudables para maiores e anuncia un novo programa de verán

O Concello de Culleredo despediu hoxe, mércores 14 de xuño, as actividades cardiosaudables para maiores e anuncia un novo programa de verán, o ‘Verán movidiño’, que se organizará do 3 de xullo ao 29 de setembro en Fonteculler, Celas, Tarrío, Sueiro, O Burgo e Vilaboa.

Máis de 50 persoas acudiron esta mañá a esta marcha saudable, realizada pola contorna do río Valiñas e que dirixiu a concelleira de Maiores en funcións, Susana Amor. A edila quixo agradecer “a todo o mundo a posibilidade de poder contar con todas vós para estas actividades e esperamos que, tanto física como socialmente, teñades notado os beneficios dun programa pensado por e para vós”.

O vindeiro 3 de xullo dará comezo o ‘Verán movidiño’, unha serie de actividades ao aire libre en Fonteculler, na praza dás Brañas, os luns de 11:00 a 12:00 horas; en Celas, no Parque da Torre os martes de 11:00 a 12:00 horas; en Tarrío, no centro social ‘O Noso Lar’ os mércores de 11:00 a 12:00 horas; en Sueiro, no centro social os xoves de 11:00 a 12:00 horas; no parque biosaudable do Burgo os venres de 10:00 a 11:00 horas e en Vilaboa, no parque de Vila Melania tamén os venres, de 11:30 a 12:30 horas.

Para solicitar máis información e inscribirse, pódese acudir ó Centro Municipal de Servizos Sociais do Burgo ou chamar ós teléfonos 981 654 570 ou 699 506 414 en horario de 9:00 a 14:00 horas, ou ben enviar un correo electrónico ó enderezo servizos.sociais@culleredo.es.
 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina