O Concello impulsa un curso de condución segura en circunstancias adversas na Explanada do Paseo Marítimo do Burgo

O Concello de Culleredo, a través da área de Xuventude, organizará os días 15 y 16 de abril de 2023 un curso de condución segura en circunstancias adversas na Explanada do Paseo Marítimo de O Burgo. 

Con horario de 9:00 a 15:00 horas, haberá formación tanto teórica como práctica, para empadroados/as en Culleredo, preferentemente, en idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos, cubrindo o seguinte formulario: https://forms.gle/WrC4qaYNnqGRWmAcA. Haberá 15 prazas dispoñibles cada día.

Será indispensable posuír o permiso de circulación en vigor. Pola tarde, os mesmos días, proponse unha actividade de similares características para maiores de 65 anos, con inscrición presencial nos centros sociais municipais. 

Dispoñerase de 10 prazas cada día en horario de 17:00 a 18:00 horas a parte teórica, e de 18:30 a 20:30 horas a práctica. Debe terse o carné de conducir vixente no último ano. Colabora nas dúas xornadas a Autoescuela San Martín.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina