Rematados os traballos de asfaltado e pintado en Vinseira, As Barreiras, Seara e As Reixas

O Concello de Culleredo actúa para continuar as execucións que garantan a mellora da rede viaria municipal. Tanto é así que xa concluíron os traballos de asfaltado e pintado de As Barreiras, Vinseira, Seara e As Reixas, e farase o propio esta semana en As Naveiras.

Os traballos consistiron na mellora do seu acabado estrutural e drenaxe, coa conseguinte optimización da seguridade viaria. O firme foi renovado, cun rebacheado nas zonas máis deterioradas, e a disposición dunha nova capa de rodadura en toda a superficie. 

No caso de Vinseira Pequena, a estrada que se renovou, de 0,5 quilómetros, conecta as vivendas coa AC-400. En As Reixas, a mellora levou a cabo en 842 metros, a totalidade da rúa. En As Barreiras actuouse nos primeiros 335 metros da vía, que é a que se atopaba máis deteriorada.

O alcalde, José Ramón Rioboo, insiste na necesidade de “levar a cabo o noso plan de mellora do viario municipal para dotar a Culleredo de mellores conexións e sobre todo, incrementar a seguridade viaria en todas as zonas, xa sexan rurais ou urbanas”.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina