Avanzan as obras de renovación do parque infantil de Peiro

O Concello de Culleredo prosegue co seu plan de mellora dos parques infantís do municipio. Neste sentido, continúan os traballos de renovación do parque infantil de Peiro, que dá servizo a un dos principais núcleos da zona rural. Terá un custo total de 37.212,07 euros, con cargo ao Plan Único da  Deputación da Coruña.

Este espazo presentaba un notorio deterioramento debido ao paso do tempo e é por iso que o Concello buscou dotalo dun deseño máis moderno e representativo, así como organizar as súas áreas de xogos infantís de maneira lóxica, primando a seguridade.

O Concello quere que o espazo se integre na contorna natural. Así, contará en parte cun pavimento de cortiza de piñeiro e en parte con chan de caucho. Con iso garántese a seguridade e accesibilidade no parque. Haberá  multixogos, banbán. pasarela de equilibrio ou cordas de escalada. Terán un novo peche perimetral de madeira e un valado de caracterización infantil.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina