Plan de circulación e aparcadoiros provisionais pola 1ª fase das obras de Ribados

O Concello de Culleredo porá en marcha un plan de circulación provisional na avenida Ribados con motivo do inicio das obras de mellora da vía e a súa contorna. Comezouse xa coa sinalización, e deixarase unha marxe de 48 horas para que os propietarios dos vehículos estacionados poidan retiralos e proceder así co peche do perímetro de actuación. 
 
En canto comecen as obras, efectuarase o cambio a dobre sentido de Ribados, desde o cruzamento con Visitación de la Encina ata a rúa Hersa, para acceso a residentes, e cortarase ao tráfico a vía na entrada desde Costa da Lonxa, onde se iniciarán os traballos.
 
A nivel estacionamentos, crearanse prazas provisionais na contorna do Conservatorio e tamén en Visitación de la Encina. De ser necesario habilitaranse máis espazos.
 
Coa renovación da avenida de Ribados, o Concello buscará o protagonismo do peón, con medidas que mellorarán a súa accesibilidade, e unha mellora completa da funcionalidade e estética da vía. 

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Canle Culleredo

Emisión en directo de plenos municipais e material audiovisual municipal.

Acceda a canle

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina