Convocatoria proceso selectivo lista substitución Enxeñeiro/a técnico/a de obras públicas (persoal funcionario interino)
Convócase proceso selectivo, polo sistema de concurso de méritos, para a formación dunha lista de substitución de Enxeñeiro/a técnico/a de obras públicas (persoal funcionario interino)
A presente convocatoria rexerase pola bases aprobadas pola Xunta de Goberno local en sesión 16 de marzo de 2020 e que se publican nesta páxina web como documento anexo.
O prazo para a presentación das solicitudes será de dez días naturais, desde o seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
Prazo presentación solicitudes. No BOP do 3 de xuño de 2020 (núm. 79), publicouse o anuncio desta convocatoria. O prazo para a presentación de solicitudes será dende o 4 de xuño ata o 15 de xuño de 2020, ambos inclusive.
Lista provisional de admitidos e excluídos. Rematado o prazo de presentación de instancias, apróbase a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as. Concédese un prazo de 5 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación do anuncio das listas provisionais no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello (do 3 ao 9 de xullo de 2020) co fin de emendar o defecto que motivou a non admisión. (Documento adxunto: Lista provisional dos aspirantes admitidos - excluidos.pdf
Lista definitiva de admitidos e excluídos. Rematado o prazo de reclamacións, aprobouse a lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as. (Documento adxunto: Lista definitiva dos aspirantes admitidos e excluídos.pdf)
Cualificación do proceso selectivo. De acordo co establecido no punto 6 das Bases xerais para a selección de persoal funcionario interino e persoal laboral temporal, mediante listas de substitución, publícase o resultado do concurso.
Recóllese no documento “Cualificación proceso selectivo.pdf”
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
bases_especificas_da_convocatoria.pdf | 279.9 KB | |
solicitude.pdf | 49.28 KB | |
bases_xerais_para_a_seleccion_de_funcionarios_interinos_e_persoal_laboral_temporal_mediante_listas_de_substitucions.pdf | 288.96 KB | |
lista_provisional_dos_aspirantes_admitidos_-_excluidos.pdf | 292.34 KB | |
lista_definitiva_dos_aspirantes_admitidos_e_excluidos.pdf | 302.62 KB | |
cualificacion_proceso_selectivo.pdf | 446.19 KB |
Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...
Emisión en directo de plenos municipais e material audiovisual municipal.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER