Data
:
Sábado, 21. Xullo 2018 (Todo o día)
O Concello de Culleredo acollerá este sábado 21 de xullo a celebración dos Campionatos de España absolutos de halterofilia, tanto en categoría masculina como feminina. Uns 170 deportistas de primeiro nivel participarán na cita.
Será desde ás 8:15 horas en adiante, tanto pola mañá como pola tarde, no polideportivo municipal do Burgo. A entrada será gratuíta.
Poderanse ver campións olímpicos ou europeos. Os principais representantes españois deste deporte.