Catro días de música en Culleredo polo XVIII BurgoJazz

O Festival  BurgoJazz, que organiza o Concello de Culleredo, chega á súa maioría de idade como unha cita cultural consolidada en Galicia. A edición XVIII terá lugar desde este venres 29 de xuño ata o luns 2 de xullo cun cartel de primeira talla a nivel galego e estatal e novidades para responder o número de espectadores crecente que se congregan no Xardín Botánico do Burgo.
 
O programa do BurgoJazz desprende novas fusións e ritmos que non se escoitaron nos seus 18 anos de vida. E é que “queremos achegar aos veciños unha cita de primeira calidade cultural que cada ano explora novas vertentes musicais”, expresou Rioboo.
 
Así, os espectadores poderán escoitar por primeira vez a fusión de flamenco-jazz con baile, a de canto lírico con jazz, ou o soul. Tamén haberá unha estrea destacada: a colaboración de Clara Panas con Pablo Sanmamed Trío- Liric&Jazz, que nunca se deu e que aceptaron o reto exposto polo festival.
 
Cada xornada haberá dous concertos, salvo o luns que se pechará o festival con un. Os concertos serán ás 20.30 horas o primeiro e ás 21.50 horas o segundo. O programa (VER ADXUNTO) é o seguinte:
 
  • Venres: Paraphernalia Quartet / Diego Negro & The Barefoot zen wonders
  • Sábado: The Swinging flamingos / Marcos  Teira – Translations quinteto
  • Domingo: Rapazz Quintet / Clara Panas e Pablo Sanmamed Trío-Liric&Jazz
  • Luns: Swing Machine Orchestra
 
Outra das novidades deste ano virá da man da produción dos concertos. O escenario mellorarase e ampliará, do mesmo xeito que o son. Como nos últimos anos, se o tempo permíteo, os recitais serán ao aire libre no botánico. Alí o Concello dispoñerá de cadeiras e mesas e haberá un pequeno bar para tomar un refresco ou un bocadillo durante os concertos. En caso de choiva, será dentro.
 
Dispoñerase unha zona de aparcadoiro na avenida de Acea de Ama, na chaira enfronte da gasolineira, desde onde se chega ao botánico a través da pasarela peonil. A maiores, pódese usar o estacionamento propio do xardín.
 
Vista previaAdxuntoTamaño
tripticoburgojazz18.pdf87.62 KB

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina