Información sobre a apertura do novo CEIP de Culleredo

A Consellería de Educación celebrou onte luns unha reunión para informar sobre a apertura do novo CEIP de Culleredo, unha petición trasladada polas ANPA e o Concello. O encontro tivo lugar no IES Rego de Trabe e contou coa participación dunha vintena de familias. Asistiron, entre outros representantes, o xefe territorial de Educación, Indalecio Cabana, e a concelleira de Educación e Cultura, Carmen Varela.
 
No transcurso da reunión quedou absolutamente claro que o novo colexio abrirá si ou si para o novo curso. Así asegurouno o xefe territorial a preguntas de varias das familias. Por tanto, calquera neno que se inscriba no centro terá asegurado que cursará alí, con independencia da organización que corresponda. Este era un dos principais obxectivos perseguidos onte polos pais.
 
No encontro tamén puideron ver as fotografías do interior do centro. Os pais comprobaron que dispón de todas as prestacións que se esperan dun centro que se estrea este ano: aulas luminosas, patio cuberto e zona infantil acolchada con saída desde cada aula.
 
A isto súmase que pais xa deron un paso á fronte para no futuro formar a ANPA do novo CEIP e garantir así o servizo de comedor e tamén o de almorzos.
 
En canto ao horario do colexio, as familias onte presentes solicitaron ao xefe territorial a posibilidade de que sexa horario continuo, de 9:00 a 14:00 horas. Tras realizar as consultas oportunas, o responsable autonómico confirmou hoxe que non haberá ningún problema en establecelo.
 
A inscrición está aberta desde o 1 ata o 20 de marzo. As ANPA dos colexios de infantil e primaria de Culleredo xa emprenderan, coa colaboración do Concello, unha campaña informativa sobre o novo CEIP.  Desde os primeiros días rexístrase un interese no novo CEIP e foro moitas familias as que chamaron ao Concello para pedir información e xa levaron o impreso de solicitude de praza, dispoñible no CEIP Sofía Casanova.
 
Para calquera dúbida, os pais que están a constituír a ANPA animan a contactar con eles no correo anpaceipnovo@gmail.com.

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina