O Concello agradece a enorme mobilización social lograda con “Culleredo en negro”, cunhas 250 entidades e negocios implicados contra a violencia machista

O Concello de Culleredo quere agradecer publicamente a implicación descomunal demostrada polos veciños de Culleredo na campaña contra a violencia de xénero que se desenvolveu durante toda a semana. Unhas 250 entidades, entre comercios, empresas, centros educativos, asociacións ou clubs sumáronse de forma desinteresada para facer visible un rexeitamento unánime á violencia machista.

Son máis de 150 os negocios radicados no municipio que hoxe continúan mostrando no seu escaparate a súa adhesión á campaña. Hai de todo tipo, desde tendas de roupa, cafeterías, barberías, librerías, hoteis e un longo etcétera de establecementos do municipio, a maioría radicados no Burgo, Vilaboa, Fonteculler e Acea de Ama.

O mundo asociativo cullerdense tamén se envorcou coa campaña. Asociacións de mulleres, de veciños, sociais, clubs deportivos, e un longo etcétera participaron na iniciativa. 

O Concello centrou boa parte da campaña nos mozos, colectivo fundamental para lograr un futuro sen violencias machistas. Os recreos dos IES Rego de Trabe, Blanco Amor e Universidade Laboral acolleron actos de concienciación. Onte na laboral leuse, por parte dun alumno, o manifesto.

Onte, Culleredo acolleu a Andaina contra a violencia de xénero que anualmente promove o Consorcio As Mariñas, con decenas de cidadáns de todos os municipios defendendo a igualdade.

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina