Emotiva despedida de Julio Sacristán como alcalde de Culleredo

Visiblemente emocionado compareceu o alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, para informar da súa decisión de renunciar á alcaldía, que fará efectiva no día de mañá. O rexedor, que vén gañando as eleccións municipais desde 1983, explicou que toma a determinación por motivos exclusivamente persoais e familiares, cun gran cansanzo acumulado, sinalou, especialmente nos últimos tres anos.

"Despois de tantos anos en primeira liña, vivindo diariamente para o traballo no Concello, teño dereito a descansar e desfrutar da miña familia", expresou.

Acompanado dos concelleiros do equipo de goberno, o alcalde tivo palabras de agradecemento para os seus compañeiros, para os edís da oposición, para os traballadores municipais e por suposto para os veciños de Culleredo.

Como feitos máis destacados do seu paso pola alcaldía lembrou a recuperación do paseo marítimodo Burgo, antes ocupado pola fábrica La Cros, ou a posta en marcha dos centros educativos e deportivos ou servizos como o abastecemento e o saneamento.

Agora, confesou, pasará a ser un veciño activo. "É difícil que eu estea parado".

Sacristán presentará mañá oficialmente a súa renuncia, que será efectiva pola tarde no pleno. Desde ese momento, e de forma provisional ata que se celebre o pleno de elección no do novo rexedor, será alcalde en funcións o primeiro tenente de alcalde, José Ramón Rioboo.

 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina