O Concello oferta aulas públicas de reforzo escolar e preparación das probas da ESO

Culleredo impulsa aulas de reforzo educativo para impartir clases de apoio aos alumnos do municipio tras a conclusión do horario lectivo. É unha iniciativa enmarcada no plan do Concello contra o fracaso escolar, que ten como finalidade axudar aos estudantes con maiores dificultades a sacar adiante o curso.
 
A actividade, denominada "Ponte a punto", consta de dúas sesións semanais de 1,5-2  horas de duración con grupos de Primaria e Secundaria. Para Educación Primaria desenvolveranse no CEIP Isaac Díaz Pardo, CEIP Ría do Burgo e no centro cultural de Ledoño, gran novidade para este curso. As de Educación Secundaria desenvolveranse en Vila Melania.
 
Desta forma, o Concello leva tamén o programa de reforzo escolar aos veciños do rural, unha vez demostrada a experiencia satisfactoria iniciada no verán en Ledoño.
 
Nestas Aulas de reforzo educativo trabállase o apoio educativo nas diferentes materias, a resolución de dúbidas, a preparación de probas e traballos académicos, e a impartición de actividades específicas de motivación ao estudo encamiñadas a potenciar o rendemento académico do alumnado. 
 
A concelleira de Educación, Carmen Varela, apunta que este programa de reforzo e apoio educativo ten co propósito de frear o fracaso e o abandono escolar. "Queremos pór os medios para que o alumnado estableza durante o curso académico uns hábitos de traballo, un seguimento e un ritmo diario nos seus estudos", apunta. 
 
Os grupos terán un mínimo de 6 alumnos e ata un máximo de 15. O prazo de inscrición comprende ata o día 30 de setembro e as clases comezarán o día 3. Pódese obter máis información no Departamento Municipal de Educación, sito no Pazo de Vila Melania (Vilaboa), en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. Ou por teléfono no 981 66 12 08. E por mail en educacion@culleredo.org. 
 
Preparación para as probas libres da ESO 
 
O Concello de Culleredo ofrece ademais clases de apoio para preparar as probas libres coas que se pode obter o título de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). O programa "Supérate" permitirá a mozos que no seu día abandonaron os estudos completar a formación Secundaria Obrigatoria.
 
As clases e sesións de reforzo axudarán aos participantes a comprender os contidos dos exames. Os mozos tamén recibirán orientación sobre as posibles saídas laborais ou de continuación de estudos unha vez conseguido o aprobado nas probas. 
 
Os interesados xa poden apuntarse ao programa na Concellaría de Educación, sita en Vila Melania (Vilaboa), ou no 981 661 208. O goberno municipal aposta por, na medida das súas posibilidades de competencias, impulsar servizos como estes para apoiar en materia de educación aos veciños.
Vista previaAdxuntoTamaño
programa_ponte_a_punto.pdf1.16 MB
programa_superate.pdf324.18 KB

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina