Conclúen os campamentos urbanos coa participación de 400 nenos

O Concello de Culleredo deu por concluída a súa campaña de campamentos urbanos para a conciliación, que cumpriu este verán a súa edición XVII. Case 400 nenos e nenas participaron na iniciativa, deseñada para ofrecer unha alternativa de lecer educativo aos pequenos na época estival.
 
A concelleira de Educación, Carmen Varela, desprazouse o último días ata os campamentos para a clausura. O Concello ampliou este ano as súas prazas para estes campamentos urbanos co obxectivo de que accedesen a eles todos os empadroados que o solicitaron. "A actividade suscita cada ano un gran interese entre as familias por iso facemos un maior esforzo", apunta a concelleira.
 
 Os campamentos desenvolvéronse, para idade infantil, no CEIP Isaac Díaz Pardo, e para primaria no CEIP Sofía Casanova. A oferta municipal dirixiuse a nenos de entre 3 e 12 anos, con campamentos de distinta duración. Así, houbo dúas quendas de cinco semanas, dúas de tres, e dúas quendas de dúas semanas, desde o inicio das vacacións, abarcando o máximo de período non lectivo.
 
Os campamentos urbanos inclúen actividades lúdicas e pedagóxicas cuxo obxectivo é fomentar a convivencia a través de xogos, talleres, excursións e dinámicas grupales, nos valores de cooperación, respecto, igualdade, corresponsabilidade, tolerancia e apoio mutuo son a tónica predominante.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina