O comercio local celebra o venres a Noite Branca con multitude de actividades e descontos

O Concello de Culleredo en colaboración coa Asociación de Comerciantes organiza este venres 15 a Noite Branca, iniciativa que trata de dinamizar o tecido comercial e que este ano terá temática mariña. En concreto a zona comercial abarcará a praza Europa, praza de Galicia, rúa Sanjurjo de Carricarte, Largo Caballero e avda. da Coruña.

Contará cunha programación repleta de actividades de lecer e culturais que darán comezo ás  17.00 horas. O horario de descontos especiais comezará ás 20.00 horas e finalizará ás 0.00 horas, aínda que a happy hour, con maiores descontos levarase a cabo durante a primeira hora de apertura nocturna (20 a 21 horas).

Como na edición anterior haberá un flashmob que non deixará indiferente ao público asistente e que se desprazará ao longo de toda a zona comercial.

Pedro Brandariz será o encargado do pregón de apertura ás 20.30 horas en praza de Europa, aínda que as actividades infantís comezarán ás 17.00 horas, coa instalación de dous inchables (Bob Esponxa), photocall mariño, obradoiros de lentes submarinas, xogos mariñeiros, unha lipdub infantil e un mural de manualidades.

O grupo de percusión Malandros animará a actividade comercial e hostaleira durante toda a xornada. Neste sentido, haberá dous concertos destacados a cargo dos Mecánicos e Róber Pier en praza Europa. Non faltará á cita o teatro.

Haberá dous postos de palomiñas onde os compradores que ensinen os seus tickets de compra terán de agasallo un cucurucho.

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina