O Concello agradece a labor de seguridade no escape de gas de Acea de Ama

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, e o primeiro tenente de alcalde e responsable de Seguridade Cidadá, José Ramón Rioboo, mantiveron un encontro cos responsables das forzas de seguridade que actuaron o venres 8 en Acea de Ama con motivo do escape de gas ocorrido. O obxectivo do acto consistiu por unha banda en trasladar o profundo agradecemento do Concello polo traballo de seguridade e doutra banda en analizar como discorreu o amplo operativo.

Ao acto acudiron responsables da Policía Local de Culleredo, Protección Civil de Culleredo, o parque comarcal de Bombeiros de Arteixo, o posto da Garda Civil de Culleredo, e o departamento municipal de Medio Ambiente. A gratitude trasladouse tamén aos parques de Bombeiros da Coruña e Betanzos, e á Garda Civil de Cambre, Oleiros, Arteixo e Carral, tamén participantes no dispositivo.

Sacristán e Rioboo agradeceron a "labor desmedida" realizada por todos os efectivos no operativo ante unha situación complexa que acabou de forma feliz. O alcalde quixo destacar que se logrou a evacuación do supermercado ou o centro de saúde sen ningunha incidencia e afrontar momentos de gran carga de tráfico na zona debido aos numerosos equipamentos existentes.

Rioboo enxalzou a excelente disposición atopada entre os efectivos de seguridade, que non dubidaron en dobrar quendas para colaborar no dispositivo. O primeiro tenente de alcalde lembrou as diversas incidencias ocorridas durante a xornada polo temporal e que a todas se ofreceu unha resposta rápida.

O Concello fixo entrega a cada responsable das forzas de seguridade unha carta de agradecemento para deixar constar de forma oficial a gratitude polo servizo público prestado.

En canto á análise do operativo, na reunión concluíuse que funcionou de forma adecuada especialmente grazas á coordinación establecida entre os distintos corpos participantes. Tamén se valorou o traballo man a man coa empresa, que agora segue traballando nos depósitos.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina